Normativa FPB

Convocatorias FPB 

A avaliación e contínua de todos os módulos de FPB pero este dereito pódese perder si se acumulan un 10% de faltas nun módulo.
A situación de perda de avaliacion deberase avisar aos pais/nais/tutores do alumnado que chegue ao 6% de faltas nun módulo por medio de un apercebimento.
Cada curso terá dúas convocatorias para superar cada uns dos modulos: en xuño e en setembro.
Cada curso se pode repetir unha vez como se indica na normativa que se expón a continuación.

Normativa

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. ORDE do 5 de agosto de 2014 pola que se regulan aspectos específicos para a implantación das ensinanzas de formación profesional básica no curso académico 2014/15.
Artigo 14
b) O alumnado matriculado nun centro terá dereito a un máximo de dúas convocatorias anuais en cada un dos catro anos en que pode estar a cursar estas ensinanzas para superar os módulos en que estea matriculado, excepto o módulo de formación en centros de traballo, que poderá ser obxecto de avaliación unicamente en dúas convocatorias.
c)Os alumnos e as alumnas, sen superaren o prazo máximo establecido de permanencia, poderán repetir cada curso unha soa vez como máximo, aínda que, excepcionalmente, poderán repetir un dos cursos unha segunda vez, logo do informe favorable do equipo docente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario